CAUREL EN OUTONO

No souto, o tempo desnuda as árbores, cubrindo o solo de extensas manchas marróns e amarelas, polas que as herbiñas verdes van texendo unha malla de vida, que asoma con forza....

Os paxaros voan dende o Taro Branco ata a Devesa da Rogueira, dende Formigueiros ata a Serra da Trapa, cantando baixiño para  non despertar os nenos... :

"Canto no bico dun grelo, canto debaixo das polas, sulco, voando, o ceo... e chilreo, mentras ti choras..."

As fontes golforean creando burbuxas brancas, nas que lavan a côr as follas....

Un arrecendo extasiante acariña os sentidos...

O Lor marcha con paso aguzoso, bulideiro,...rascando o cerrizo do Caurel....

A vida late con lentitude, armoniosamente.....

O todo da forma a un paradiso, que estremece os sentidos....

Caurel dos tesos cumes ....nos que brila o sol, creando ceos irisados, que deslumbran de beleza......

O carón do Piapaxaro, facendo de alforxas do Boi,....dúas manchas grises rompen o verde máxico da nosa terra. Os intereses alleos castigan O Caurel, arrancándolle a pel a tiras....

Chora o arrogante Lor en Froxán, porque o cegou, con pedriñas, o enano Laruda......

O Caurel está pleno de beleza ca alfombra marrón tendida polas árbores e texida polo vento.

As árbores quitan a roupa e o vento abanea as canellas.

As augas humedecen as herbas, dándolles vida....

A chuvia lava os camiños e corredoiras....

Os paxaros chirlean nas polas desnudas...

Caurel parece unha estampa idílica nun ambente bucólico....


Ricardo Locay Aira.